Pouco a pouco imos tendo máis novas da chegada dos dispositivos Chromebooks ao noso País, xa sabedes, ordenadores que usan o sistema operativo ChromeOS como o HP Chromebook 11 que probamos hai unhas semanas. Desta vez trátase de Acer, que achega o seu modelo Chromebook C720.
Este dispositivo, pensado para traballar na nube, incorpora unha pantalla de 11,6 polgadas (1366 x 768), 32 GB de memoria interna, cámara VGA, dous portos USB, un porto HDMI, lector de tarxetas e conectividades WiFi e Bluetooth 4.0.
O seu PVP é de 249 euros.