Non volvas perder o bus en Vigo grazas á aplicación ‘Vigo Bus’

vigobus banner

A ninguén lle gusta ter que agardar polo bus, nin cando facemos traxectos rutinarios nin cando nos atopamos nunha parada na que non temos claro que liñas circulan por ela ou canto han tardar os autobuses en pasar. Coa idea de poñer fin a eses problemas e pensando en mellorar a caótica aplicación oficial de Vitrasa nace Vigo Bus, que como podedes imaxinar polo nome serve para moverse no transporte público da Cidade Olívica.

vigobus2

A aplicación ten unha interface moi sinxela e permite buscarmos as paradas de diferente xeito: por proximidade xeográfica, a través do seu número identificativo ou tecleando o nome da rúa que nos interese. En calquera caso, o resultado é a listaxe de liñas que pasan pola parada que seleccionemos xunto ao tempo que falta para que cheguen os diferentes autobuses, como podedes ver na captura anterior.

Ademais, Vigo Bus permítenos gardar as nosas paradas favoritas, de tal xeito que poderemos ter sempre a man aquelas que empregamos con maior asiduidade sen perdermos tempo en andar buscándoas de cada vez.

vigobus

A aplicación é totalmente gratuíta e pódese descargar desde a Play Store. Se queredes máis información podedes pasarvos pola súa páxina web.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Vigo Bus 30 Maio, 2014 Responder
  2. Gabriel 1 Xuño, 2014 Responder

Reply