SPC vén de anunciar unha nova tablet que se suma ao seu portfolio, a Glow 9.7, un dispositivo que destaca pola súa pantalla IPS de 9,7 polgadas (1024 x 768) con protección antirabuñadas e vir habilitada para poder realizar chamadas telefónicas, ademais de navegación 3G.
O trebello incorpora un procesador Cortex A7 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. Ademais compleméntase con dúas cámaras, sendo a principal de 5 megapíxeles e a frontal de 2. A súa batería é de 7000 mAh.
En canto a software, incorpora de serie Android 4.2 Jelly Bean totalmente limpo e con acceso á Play Store. Tamén destaca a presenza dun sistema de acendido rápido que permite termos o trebello totalmente operativo en apenas 8 segundos.
A SPC Glow 9.7 xa se pode mercar por 199 euros.