A rede social de fotografía Instagram vén de lanzar hoxe unha nova versión da súa aplicación para Android, a 6.0, que achega novas funcionalidades de cara a mellorar a edición de fotografías.
En total son 10 as novas ferramentas que farán que as nosas fotografías poidan lucir mellor, incluíndo recortes, realzado e definición. Ademais integra un selector co que podemos axustar a intensidade do filtro a aplicar, algo que xa estaba dispoñíbel noutras aplicacións como Snapseed desde o seu lanzamento.
A nova versión de Instagram xa está dispoñíbel na Play Store.