O primeiro smartphone 4G con procesador NVIDIA Tegra 4i de Wiko vén de ser presentado. Falamos do WAX, un dispositivo con especificacións de gama media e prezo altamente competitivo.
O Wiko WAX incorpora unha pantalla IPS multitáctil de 4,7 polgadas (1280 x 720 píxeles) con protección Gorilla Glass de segunda xeración que a protexen de pequenas rabuñadas. O seu procesador é un NVIDIA Tegra 4i, catro núcleos a 1,7 GHz, aderezado con 1 GB de RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GBs. A súa batería é de 2000 mAh
A cámara principal é de 8 megapíxeles, con flash LED e detector de sorrisos, mentres que a frontal é de 5 megapíxeles para conseguir autorretrados de maior calidade. En canto a software, elixiron a versión 4.3 de Android (Jelly Bean), sen personalizaciósn extra.
O Wiko WAX estará á venda desde o día 10 por 199 €. Poderase escoller en dúas cores, branco e negro.