Sony lanza o Xperia T3

Sony vén de anunciar o lanzamento do novo Xperia T3, un dispositivo que vén a actualizar unha serie de dispositivos de gama media da compañía, con funcionalidades e prezo máis contido que os buques insignia da marca nipona.

sony xperia t3

O novo trebello de Sony conta cunha pantalla HD de 5,3 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,4 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 32 GB. A súa cámara principal é de 8 megapíxeles e a batería de 5200 mAh.

Chegará ao mercado con Android 4.4 KitKat, ademais da personalización software de Sony, incluíndo algunhas funcionalidades como o modo de aforro de batería STAMINA e diversas ferramentas orientadas a sacarlle máis partído á cámara.

Agárdase que chegue ao noso mercado no mes de xullo, aínda que o seu prezo está por determinar.

Sobre o autor

Reply