Wiko Fizz, un novo Android por 79 €

wiko fizz

Se hai apenas 15 días coñecemos o Bloom, o fabricante Wiko preséntanos agora Fizz, un dispositivo modesto en especificacións e cun prezo altamente axustado: 79 €.

O trebello vén equipado cunha pantalla WVGA de 4 polgadas, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. A súa cámara principal é de 5 megapíxeles, aínda que tamén dispón de frontal, cun sensor VGA testimonial. O deseño caracterízase por ser sinxelo e lixeiro, acadando os 122 gramos de peso, mentres que o sistema operativo é Android 4.2.2 Jelly Bean.

Estará dispoñíbel a partir do 12 de xuño por 79 euros.

Sobre o autor

One Response

  1. Roi 11 Xuño, 2014 Responder

Reply