Prepara os mellores combinados con Cocktail Flow

coctails

Chega o verán a fin de semana (para que agardar? 😉 ), chega o bo tempo e medra en nós as ganas de saír tomar algo fresco coas nosas amizades. Se queredes facer algo totalmente diferente e sorprendelas/os na vosa casa, podedes animarvos a preparar algo sabedor coa axuda da aplicación que vos traemos hoxe,  Cocktail Flow.

Con Cocktail Flow podedes aprender a preparar toda clase de bebidas, cales son os vasos máis axeitados para a súa presentación, e moitas outras cousas, sen esquecer até o último detalle. Pasamos a describila máis polo miúdo.

Screenshot_2014-06-05-12-26-37

Nesta primeira captura vemos é o menú principal dende o que podemos acceder a unha morea de opcións. Por apartados:

Sorpresa.

O seu nome xa vos pode suxerir o que fai, non é outra cousa que recomendarnos unha bebida diferente de tal xeito que podemos descubrir novos sabores sempre que nos animemos a probar.

Categorías.

Screenshot_2014-06-05-12-28-44

Neste menú atopámonos con catro opcións para así poder acceder á base de datos da aplicación e buscar que combinado preparar segundo o tipo de bebida que nos apeteza tomar ou teñamos nese momento, se queremos facer algo dunha cor determinada e mesmo en función do tipo de bebida que nos apetece (podemos elixir entre algo clásico, cremoso, curto, … )

Compras.

Neste punto podemos coñecer o custo aproximado dunha bebida suxerida en base a unha recomendación da aplicación, ademais de ver as cantidades axeitadas para facer a mestura correcta.

Screenshot_2014-06-05-12-31-44

Screenshot_2014-06-05-17-42-34

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inventario.

Chegamos a un dos puntos que para nós é dos máis interesantes. O inventario. Neste apartado aparecen toda clase de ingredientes que precisamos para preparar unha bebida, marcamos os que temos na casa e a aplicación o que fai é, en base a eses ingredientes, recomendarnos o que podemos preparar, tal e como vemos nas seguintes capturas.

Sin nombre

Favoritos.

Neste menú o que podemos é ver aqueles combinados que imos descubrindo ao trastear coa aplicación que foron marcados como favoritos, para ter así un acceso rápido a eles.

Guías.

Screenshot_2014-06-05-18-01-49

Neste apartado temos uns pequenos titoriais cos que aprender desde o máis elemental para preparar un cocktail, gintonic,.. pasando por aprender todo o necesario para ter o material axeitado e montar un bar case profesional na casa, así como o preciso para, ademáis de facer unha boa mestura de ingredientes, facer un coxunto presentábel que entre polos ollos.

Screenshot_2014-06-05-12-26-53

Screenshot_2014-06-05-12-27-14

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A maiores, temos una opción moi básica de configuración na que podemos seleccionar o idioma e a nosa moeda e tamén as notificacións para cando cheguen paquetes novos. Estes paquetes serven para ir completando a base de datos da aplicación. Temos tanto paquetes gratuitos como de pago.

Screenshot_2014-06-05-12-34-30

Screenshot_2014-06-05-17-52-21

Como xa vos comentabamos, pareceunos unha aplicación moi completa e útil coa que podemos aprender a preparar combinados novidosos máis aló dos tradicionais ou mesmo tamén nos pode servir para saír dun apuro se é que estamos a preparar algo e non lembramos ben como facelo.

Cocktail Flow podédela descargar dende a Google Play dun xeito totalmente gratuito.

 

Sobre o autor

One Response

  1. Abel Rodríguez 9 Xuño, 2014 Responder

Reply