Que o LG G3 ía dar moito que falar tiñámolo bastante claro desde antes do seu lanzamento, mais os primeiros días da súa posta á venda en Corea do Sur, país orixinario do fabricante, están a confirmar esta intuición. Nos primeiros cinco días conseguiron vender máis de 100.000 unidades, o que supón arredor de 20.000 diarias, moi por riba das 7000- 8000 acadadas polos tamén surcoreanos Samsung co Galaxy S5.
O novo dispositivo de LG chama a atención especialmente pola súa pantalla, un panel QHD de 5,5 polgadas e resolución que acada os 538 ppi, ademais de polo seu deseño no que volve repetir a estrtatexia de situar os botóns na parte traseira, tal e como vos contamos o día da súa presentación.
Así mesmo, o novo LG G3 chega con diversos accesorios, como fundas, na que destaca a súa QuickCircle, que deixa un pequeno burato compatíbel con widgets circulares.
Está previsto que se poña á venda no noso País o vindeiro 11 de xullo.