Mundial Brasil 2014 Resultados, a app coa que non perderás detalle do Mundial de Fútbol

bandeira-brasil

O Mundial de fútbol está á volta da esquina, polo que non quixemos perder a oportunidade de amosarvos unha aplicación moi completa para non perder detalle de todos os resultados e estatísticas deste acontecemento. Para todo isto contamos coa axuda da aplicación Mundial Brasil 2014 Resultados.

O primeiro que fai a aplicación cando entramos por primeira vez é ofrecernos elixir cal é a selección que queremos marcar como favorita, para así ter toda información dela dun xeito máis accesíbel no menú Favorito. O noso exemplo será Brasil, para facerlle a pelota 😉 un guiño ao xefe.

Screenshot_2014-06-08-01-14-25

Screenshot_2014-06-08-01-14-52

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Logo disto, xa temos o menú principal no que vemos que faltan 4 días para o comezo do mundial (momento no que fixemos a análise, non é que a app non funcione ben), tamén temos un calendario a modo de barra horizontal que podemos desprazar e así ver os partidos que hai nun día concreto e a través de que canle de televisión o podemos ver.

Screenshot_2014-06-08-01-09-20

Screenshot_2014-06-08-01-11-59

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como acabamos de ver na captura da dereita, se pinchamos sobre un partido teremos información sobre as estatísticas, alineación, un video resumo,… polo que teremos acceso a todo o que ocorreu no partido dun xeito sinxelo.

Na parte inferior, vemos outros menús. Por exemplo Grupos, non que podemos ver recontos de puntos e goles das seleccións ordenadas por grupos, como non.

Screenshot_2014-06-08-01-12-18

No menú que pon Fase Final podemos acceder rapidamente a ese momento no que a fase de grupos xa rematou e se está a decidir cal vai ser o campeón do mundo neste ano 2014.

Esta foi unha pequena aproximación á aplicación Mundia Brasil 2014 Resultados á que se lle adicades un pouco te tempo podedes ver como cumpre as vosas espectativas en canto a obter información sobre os resultados e estatísticas deste acontecemento, xa que temos todas as opcións ben ordenadas e accesíbeis dun forma clara e rápida.

Esta aplicación podédela atopar na Google Play dun xeito totalmente gratuíto.

Sobre o autor

Reply