Barco a Vigo, a túa app para consultar os horarios para cruzar a ría

Hoxe imos achegarvos unha aplicación que pode resultar moi útil para todas aquelas persoas que se moven entre as vilas de Vigo – Cangas – Moaña en barco. Chámase Barco a Vigo e con ela temos información dos horarios e prezo dun xeito tan sinxelo como práctico. E case o mellor, non precisa conexión a Internet. Describamos a aplicación máis polo miudo.

Screenshot_2014-06-04-09-56-03

Na captura podedes ver o primeiro co que nos atopamos ao abrir a app: os destinos. Seleccionamos o traxecto do que estamos interesados en recibir información. No noso exemplo será Vigo – Moaña. Unha vez feito, vemos os horarios dun xeito claro e a medida que desprazamos a listaxe para abaixo vemos outras dúas opcións: prezo e como voltar.

Screenshot_2014-06-04-09-56-34

Con máis detealle vemos que no apartado do prezo, temos dúas opcións: prezo do billete e prezo do bono, aportándonos moita información de interese.

Screenshot_2014-06-04-09-57-01

Screenshot_2014-06-04-09-57-08

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como podedes ver é unha aplicación pensada para ser tan sinxela como útil que ademáis é gratuita e que podedes dercarga desde a Google Play Store.

Agora que o tempo mellora, animádesvos a usar máis este medio de transporte?

Sobre o autor

3 Comments

  1. José Ureña Guevara 7 Xullo, 2014 Responder
  2. Álvaro M. Souto 8 Xullo, 2014 Responder
  3. Victor 5 Febreiro, 2015 Responder

Reply