O Galaxy K Zoom chega ao noso País por 499 €

galaxy k zoom_evento

A finais de abril Samsung deu a coñecer o Galaxy K Zoom, un híbrido smartphone – cámara que tanto polo seu deseño como polas súas especificacións fica inspirado no Galaxy S5, o terminal de referencia deste fabricante coreano neste 2014. Porén, non foi até esta mañá cando, coincidindo coa súa posta á venda no noso País, foi presentada nun evento ao que acudimos para poder coñecer o produto un pouco máis de preto.

galaxy k zoom_frente

Así mesmo, a cita serviu para dar a coñecer o seu prezo, 499 €, unha cantidade que non resulta elevada se temos en conta que estamos ante un trebello que combina unha boa cámara compacta e prestacións / funcionalidades de smartphone.

galaxy k zoom_vss5

En canto a especificacións, cómpre lembrar  que o Galaxy K Zoom dispón dunha pantalla SuperAMOLED de 4,8 polgadas (306 ppi). O seu procesador é un hexa core (2 ARM Cortex A-15 a 1,7 GHz e 4 ARM Cortex A-7), acompañado de 2 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, aínda que se pode ampliar por microSD de até 64 GB. A batería é de 2430 mAh (un pouco xusta quizáis?) e dispón de conectividade 4G.

galaxy k zoom_modos

Mais onde destaca é na súa cámara, incluíndo un obxectivo retráctil con zoom óptico 10x, con sensor BSI CMOS de 20,7 megapíxeles e estabilizador de imaxe óptico (OIS). Para o flash escolleron o Xenon fronte ao LED que incorporan a meirande parte dos móbiles, xa que esta solución achega moito máis brillo, algo que se volve case imprescindíbel nunha cámara. Así mesmo, Samsung realizou un esforzo importante no software, incluíndo novas funcionalidades que melloran a exposición automática, ademais de ferramentas de postprocesado e filtrado, tanto manual como automático.

galaxy k zoom_selfie

Sumándose á moda das selfies, Samsung anunciou a funcionalidade “selfie alarm”. Trátase dunha función grazas á cal, tras indicarlle en que parte da foto queremos quedar, encárgase de guiarnos para que apuntemos con xeito e quedemos ben encadrados. Quen prefira sacar as selfies coa cámara frontal pode facelo, aínda que a calidade desta é moi inferior (2 megapíxeles).

A falta dunha proba máis a fondo, as primeiras impresións foron positivas. As poucas imaxes que puidemos tomar con ela parecéronnos dunha calidade sobresaínte.

Que vos parece este trebello? Preferides algo así ou unha cámara compacta convencional?

Sobre o autor

Reply