Xestiona os teus foros con Tapatalk

Hoxe probamos Tapatalk, unha aplicación imprescindíbel que os máis foreiros de seguro xa coñecedes. Se non é así, tranquilos, imos tentar resumir as características máis destacadas.

Esta aplicación é un xestor de foros coa que podemos acceder aos principais para así ter os nosos fíos ben ordenados. Comecemos polo principio.

2014-06-04-12-18-44

Como vemos nesta captura, isto é co que nos atopamos tras loguearnos en Tapatalk coa conta de Facebook, Twitter, Gmail… elixindo a opción que prefirades. Unha vez feito, chegamos a estas tres pestanas: explorar, muro e foros.

Explorar.

Esta pestana permite acceder dun xeito rápido, xa que está ordenado por temas, aos foros do noso interese. So temos que ir buscando e cando atopemos o foro que queremos xestionar, engadilo á nosa listaxe. Esta listaxe atópase na pestana foros.

Foros.

Neste punto atopamos os foros que buscamos na pestana anterior e ademáis se coñecemos o nome do foro, temos a opción de búsqueda na que meter o nome exacto do foro a engadir. É outra forma, un pouco máis directa.

2014-06-04-12-18-23

Unha vez teñamos os nosos foros preferidos, o que temos que facer é que loguearnos nos foros coas nosas contas, para que poidamos xestionar todos os fios e demáis opcións desde Tapatalk. E unha vez feito, xunto ao nome do foro poderemos ver o noso nome de usuario, como vedes na captura anterior.

Con estes trámites feitos, nesta pestana é onde prememos sobre un foro e accedemos aos fíos del, ver as notificacións, fíos aos que estamos suscritos, fíos nos que participamos,… todo unha morea de opcións coas que ter ao día todo o que pasa neles.

Screenshot_2014-06-04-15-22-17

Muro.

Na pestana muro, o que vemos son os fíos misturados de todos os foros que estamos xestionando con Tapatalk e a pincipal característica desta pestana é que podemos comentar en calquera fío directamente desde aquí e suscribirnos aos fíos que consideremos sen necesidade de ir aos Foros.

2014-06-04-12-18-10

Non queremos rematar esta breve achega sen amosarvos o completo menú de configuración para as notificacións, poñer unha sinatura para os comentarios, xestionar avatares,…. entre outras moitas interesantes opcións.

Screenshot_2014-06-04-11-36-47

Pois con isto queda feita unha primeira aproximación á aplicación, na que quixemos achegarvos as posibilidades que ten Tapatalk, sen dúbida, unha das mellores opcións para xestionar os fíos dos foros. Agora sodes vós os que tedes que dicidir se lle ides dar unha oportunidade a esta aplicación.

Usades foros a cotío? Interésavos Tapatalk? Podedes descargala de balde desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply