Entre as cousas que máis agardamos deste I/O 2014 está Android Wear, saber todo o que pode dar de si esta variación de Android adaptada aos dispositivos wearables que Google presentou vía post hai algúns meses.
Polo de agora están confirmados dous dispositivos que estrearán Android Wear desde o seu lanzamento o próximo 25 de xuño, o Moto 360 e o LG G Watch, mais Google vén de poñer na web de desenvolvedores unha listaxe de partners entre os que se atopan tamén Asus, HTC e Samsung, así como os fabricantes de procesadore Qualcomm, Intel e MediaTek. Isto non fai máis ca confirmar que nos próximos meses veremos dispositivos destas marcas empregando Android Wear
Así a todo, sorprende a ausencia de Sony, aínda que é certo que hai unhas semanas dixeron que eles seguirían apostando por versións completas de Android para os seus reloxos intelixentes.
Queda moi pouco para sabelo todo e as espectativas están moi altas. Conseguirán sorprendernos? Tedes toda a info na web de Android Wear.