Google entra no campo da saúde con Google Fit

android deporte

No ano no que están a despegar os dispositivos wearables, Google vai mirar de vencellar Android e saúde a través de Google Fit, un servizo que, atendendo a unha exclusiva da prestixiosa revista Forbes, será dado a coñecer durante o evento de desenvolvedores I/O 2014 que comeza nun par de semanas.

Aínda que apenas hai datos sobre que cousas farán con esta nova ferramenta, a idea fundamental é que será capaz de recoller información da nosa actividade diaria a través de diferentes gadgets para poder procesalos e ofrecer aos usuarios aquela que sexa relevante.

Semella pois que deporte e tecnoloxía, a lo menos desde un punto de vista amateur, están a ir máis da man ca nunca. E os nosos Android non queren perder esa festa.

Sobre o autor

No Responses

Reply