Samsung presenta as súas novas tablets Galaxy Tab S 10.5 e Tab 8.4

Samsung presentou esta madrugada en New York dúas novas tablets coas que inaugura unha nova categoría, facéndoas merecedoras de pertencer a unha nova saga S, até o de agora reservada ao seu smartphone de referencia. Son as Galaxy Tab S 10.5 e Galaxy Tab S 8.4.

Ambos dispositivos comparten a meirande parte das súas especificacións técnicas, como o processdor (SnapDragon 800 a 2,3 GHz na versión LTE/4G ou Exynos 5 Octa – 4 a 1,9 GHz e 4 a 1,30 GHz na versión WiFi), 3 GB de memoria RAM e opcións de capacidade interna que van desde os 16 aos 64 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 128 GB extra. As súas cámaras son de 8 e 2.1 megapíxeles e veñen con Android 4.4.2 KitKat xa desde o momento do lanzamento.

As diferenzas témolas no tamaño da pantalla, paneles Super AMOLED WQXGA con resolución 2560 x 1600 que se sitúan na vangarda das tablets, permitindo unha variedad de cores inigualábel até a data. A versión de 10.5 polgadas integra unha batería de 7900 mAh, mentres que a de 8.5 queda en 4900 mAh.

cores galaxy tab s

En  canto a software, ademais de contar coa capa de personalización de Samsung, inclúe novas funcionalidades como Adaptive Display para adaptar a saturación e a nitidez automaticamente en función do lugar do traballo, cor, luz ou temperatura ambiente. Así mesmo tamén vén con software exclusivo como Kick, para disfrutar do fútbol, Kindle para Samsung ou unha serie de xogos promocionados.

As novas Galaxy Tab S constitúen un paso adiante para a compañía surcoreana, xa que son as máis finas e lixeiras fabricadas por eles até o de agora. Tamén contan con diversos accesorios que melloran a produtividade e que sairán á venda á vez que estes novos dispositivos.

Estarán dispoñíbeis a comezos de xullo, comezando en 399 € (versión 8.5 WiFi) ou 499 € (versión 10.5 WiFi)

Sobre o autor

No Responses

Reply