Estes son os principais accesorios para as novas Galaxy Tab S de Samsung

O pasado venres falámosvos das novas tablets de Samsung, as Galaxy Tab S 8.5 e Galaxy Tab S 10.5, que chegan cunha completa gama de accesorios para maximizar as posibilidades destas, ampliando as súas funcións e adaptándose perfectamente a os novos trebellos.

book cover

O primeiro deles é o Book Cover, unha funda estilo libro que permite seleccionar até tres ángulos diferentes en función do que queiramos facer nun determinado momento, aínda que se queremos algo máis sinxelo podemos optar pola Simple Cover, máis lixeira pero con menos capacidades. Ambas estarán dispoñíbeis en branco, bronce, vermello, azul e negro, e a Book Cover tamén en marfil.

teclado bluetooth

Quen pretenda introducir texto en cantidades importantes atopará no Teclado Bluetooth o aliado perfecto, xa que convirte a nosa Galaxy Tab S nunha especie de portátil, de xeito semellante ao que fai Asus cos seus Transformer Pad. Contén teclas de acceso directo a funcións como Multi Window, S Finder ou para capturar a pantalla e a súa batería de 200 mAh fará que o seu uso non cunsuma enerxía da tablet. Está deseñado específicamente para a versión de 10.5 polgadas e chegará en bronce e branco.

lever over

En canto a audio, o fabricante coreano creou unha liña de produto chamada Samsung Level, que ofrece unha experiencia de son e confort superior. Level Over son os de máis alta gama e ofrecen son orgánico HD nun deseño ergonómico que inclúe controis táctiles e conectividade Bluetooth. Completan a gama Level On, tamén de tipo diadema pero de calidade inferior, e Level In, auriculares in ear.

Todos estes accesorios saiŕan á venda ao mesmo tempo que as tablets, aínda que o seu prezo non foi desvelado.

Sobre o autor

Reply