Archos trae o novo smartphone 50C Oxygen ao noso País por 249 euros

archos_50coxygen-large_03A francesa Archos vén de poñer á venda no noso País o seu último terminal, o 50C Oxygen, un dispositivo que destaca polo seu procesador de oito núcleos a 1,7 GHz (iso si, MediaTek), o que o fai interesante para aquelas persoas que anden a buscar nun trebello que responda ben ás demandas de potencia, como os xogos.

archos_50coxygen-large_05

As súas características complétanse cunha pantalla IPS HD de 5 polgadas con resolución 1280 x 720, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 64 GB. A súa cámara principal é de 8 megapíxeles con flash LED, mentres que para a frontal escolleron un sensor de 2 megapíxeles. En canto a sistema operativo, vén con Android 4.2.2 Jelly Bean, completamente limpo.

Chámanos a atención que malia contar cun procesador potente teñan escollido implementar un só GB de RAM, o que pode limitar en certa medida o rendemento do smartphone. Así mesmo, a estas alturas, con Android 4.4 KitKat consolidado no mercado, faise raro que non veña con esta versión do sistema operativo ou, cando menos, cunha data de actualización confirmada.

O Archos 50C Oxygen está xa dispoñíbel por 249 euros.

Sobre o autor

Reply