Organiza as túas vacacións con Kayak e Booking

A estas alturas do ano, o que máis e o que menos xa estamos pensando nas vacacións. Algún prefiren Xulio outros Agosto pero todos queremos e precisamos desconectar do día a día. Pois ben, hoxe queremos amosarvos dúas aplicacións de dúas das webs de referencia para buscar hoteis ou voos. Son a app de Kayak e Booking.

Kayak.

Ao abrir a aplicación, automaticamente detecta o país e pregúntanos se é correcto e a continuación xa vemos as opcións para poder atopar hotel, voo, coches… que precisamos. No noso exemplo imos reservar unha habitación de hotel.

Screenshot_2014-06-06-12-10-42

Screenshot_2014-06-06-12-10-59

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Feito isto, temos que elixir destino, data, número de habitacións e persoas. Unha vez determinados estes parámetros chegamos ás suxerencias que nos amosa a aplicación.

Screenshot_2014-06-06-12-11-54

Screenshot_2014-06-06-12-14-30

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cando teñamos seleccionada a nosa opción conseguimos toda clase de información do que nos imos atopar no hotel (parking, restaurante, aire acondicionado,..) e tamén opinións dos usuarios en base á cal poder facernos unha pequena idea do que nos podemos atopar.

Screenshot_2014-06-06-12-15-08

Screenshot_2014-06-06-12-15-27

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Coa decisión tomada, se decidimos resevar, prememos sobre “reservar” para comezar o trámite e confirmar a reserva, logueados co noso usuario.

Un punto que nos gustou moito atopámolo na sección “lista de equipaje” na que podemos facer unha listaxe de todos aqueles imprescindibéis para calquera viaxe e así non esquecer nada, que ademáis podemos enviar por mail, tal e como podedes ver nas seguintes capturas:

Screenshot_2014-06-06-12-17-14

Screenshot_2014-06-06-12-17-41

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Booking.

Esta aplicación non é moi diferente á anterior. Cando abrimos Booking o que vemos é  un despregable desde a esquerda para loguearnos coa nosa conta ou xestionar as reservas que fixemos previamente.

Screenshot_2014-06-06-10-05-27

Neste punto é cando comezan as similitudes, facemos unha búsqueda (no noso exemplo, Porto), aparecen as listaxe dos hoteis dispoñíbel como vemos nestas capturas:

Screenshot_2014-06-06-10-06-49

Screenshot_2014-06-06-10-07-41

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Seleccionado o hotel que máis se adaptas ás nosas preferencias, tamén pedemos ver tanto características co hotel como unha preview con todos os datos da nosa reserva, datas de entradas saída, tipo de habitación e prezo.

Screenshot_2014-06-06-10-18-40

Screenshot_2014-06-06-10-19-19

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Neste momento xa so queda confirmar a reserva.

Como podedes ver son aplicacións para usar dun xeito sinxelo que podemos usar que podemos usar tanto confirmar unha reserva como para facer consultas e seleccionar opcións para posteriormente discutir a decisión final coas persoas que nos vaiamos de vacacións, amigos ou parellas.

Pensades usar este tipo de aplicacións para organizar as vosas vacacións?

Nome da aplicación: Kayak
Requerimentos: 2.2 e superiores.
Descarga: Play Store
Nome da aplicación: Booking
Requirementos: Varía segundo o dispositivo.
Descarga: Play Store

Sobre o autor

No Responses

Reply