Amazon Fire Phone: así é o novo smartphone de Amazon

amazon fire phone

Amazon vén de dar a coñecer o seu novo smartphone, o Fire Phone, un teléfono que se suma a outros produtos hardware que a compañía comercializa desde hai anos, como os lectores de libros Kindle ou a serie de tablets Kindle Fire, entre outros.

O novo Fire Phone integra unha pantalla HD de 4,7 polgadas (1280 x 720) e procesador Qualcomm de catro núcleos a 2,2 GHz. Vén con 2 GB de memoria RAM e diversas opcións de almacenamento interno, mentres que a súa batería é de 2600 mAh. No apartado multimedia, a cámara principal é de 13 megapíxeles, cun lente f/2.0 e estabilización óptica, podendo acceder a ela a través dun botón de acceso directo. Para o sensor frontal escolleron unha cámara de 2 megapíxeles.

firefly

As novidades tamén chegan a servizos que complementan o terminal, como o acceso á tenda de aplicacións de Amazon ou o espazo ilimitado para gardar as fotos na nube de Amazon, nun claro órdago a servizos coma Dropbox. Así mesmo, tamén é capaz de identificar obxectos do mundo real a través de Firefly (números, libros, DVDs, códigos QR, URLs…) e acceder á tenda de Amazon para mercalos, se se dá o caso.

O seu sistema operativo está baseado no fork de Android que vén empregando a compañía nas súa tablets, aínda que tampouco hai moitos máis detalles.

Estará dispoñíbel nos Estados Unidos o 25 de xullo por 649 dólares (versión de 32 GB) e 749 $ (versión de 64 GB). Polo de agora non hai información de cando (se é que) chegará a outros países.

Sobre o autor

No Responses

Reply