Compra ou vende o que precises desde o teu terminal con Wallapop

Estes días coñecimos grazas a un amigo, unha interesante aplicación para mercar ou vender todas aquelas cousas que desexemos; chámase Wallapop.

Screenshot_2014-06-17-00-49-02

Nesta aplicación póñense en contacto compradores e vendores e cun sinxelo sistema, podemos falar na zona de Chat para preguntar sobre o producto, algunha dúbida sobre o estado deste, gastos de envíos,.. Tamén podemos facer a nosa oferta se o prezo do anuncio pensamos que é moi elevado premendo o botón de Contraoferta.

Screenshot_2014-06-17-00-32-11

Se estamos conformes co prezo e coa información recibida, temos o botón ¡Lo quiero! no que ao premer enviamos un aviso á persoa que puxo o anuncio para que contacte contigo e acordar todos os detalles da transacción, pero sen estar comprometidos a nada.

Este é o funcionamento básico da aplicacación, aínda que temos unha morea de opcións e configuracións que vos pasamos a detallar agora.

Screenshot_2014-06-17-00-26-35

Ao abrir a Wallapop atopámonos as ofertas máis próximas á túa ubicación, en bruto, sen ningún tipo de filtro por categoría, prezo,.. Para filtrar teremos que ir ao lente de aumento que atopamos na parte superior, e veremos o seguinte:

Screenshot_2014-06-17-00-33-08

Estes filtros son de gran axuda para atopar aqueles productos que poden ser do noso interese dun xeito máis eficiente.

Temén temos outras tres opcións moi interesantes e son:

  • Favoritos, coa cal se marcamos un producto como tal, poderemos facer un seguemento do mesmo dun xeito moi doado.
  • Categorías, co que atopar productos agrupados por ter unha temática en común: o mundial de fútbol, roupa de noite,…
  • Notificacións, coas que recibimos alertas no noso terminal cando recibimos mensaxes relacionados co proceso de compra-venda.

Non podemos rematar sen amosarvos a forma de crear un anuncio, unha tarefa realmente sinxela. Para iso temos que premer no botón que se asemella á icona dunha cámara na pantalla principal para acceder ao seguinte menú:

Screenshot_2014-06-17-00-41-37

Podemos ver como cubrindo os campos que nos pide a aplicación, en poucos minutos temos o anuncio creado e listo para publicar.

Coñeciades esta aplicación? Pensades que pode ser unha aplicación de interese a próxima vez que precisedes vender ou mercar algo? Podedes atopar Wallapop na Play Store totalmente de balde.

Gustaríanos recordavos que se queredes que analicemos algunha aplicación que vos resulta útil e queredes dar a coñecer só tedes que contactar con nós da seguintes formas:

Sobre o autor

Reply