Skyscanner, a túa applicación para reservas voos

Recentemente vimos de analizar dúas aplicacións, Kayak e Booking, para reservar as vosas vacacións. Hoxe damos unha volta máis e queremos achegarvos Skyscanner todos los vuelos.

É unha aplicación que usaremos unicamente para buscar voos que ten un deseño similar á aplicación de Booking. Desde a esquerda podemos despregar un menú que contén varias opcións que poden ser do noso interese como vemos nesta captura:

Screenshot_2014-06-06-09-55-34

Desde a opción de “búsqueda” podemos seleccionar parámetros típicos para unha búsqueda: saída, destino, data flexible,..

Screenshot_2014-06-06-09-55-13

Cando seleccionamos o destino, a aplicación guíanos por diferentes pantallas concretando o destino final. Por exemplo, se poñemos España, aparecerán os aeroportos españois acompañados do prezo mínimo que teremos, como vemos na capura:

Screenshot_2014-06-06-09-56-36

Cando seleccionamos o destino, chegamos a unha pantalla cun deseño moi chulo na que seleccionaremos tanto o día de saída como a volta, tal e como vos amosamos:

Screenshot_2014-06-06-09-57-15

Feito isto, chegamos a unha pantalla que nos amosa un resumen da viaxe que queremos mercar, e o seguinte que facemos será confirmar a reserva como vedes nestas capturas:

Screenshot_2014-06-06-09-57-40

Screenshot_2014-06-06-09-58-23

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Agora chegamos ao punto que menos nos gustou, xa que a aplicación non permite que fagamos unha reserva dun xeito directo se non que teremos que entrar na web ou chamar ao teléfono da compañía coa que contratamos o voo.

Con todo o comentado, á aplicación, a modo de app de consulta trasladounos unha boa experiencia de uso desde o noso terminal.

Nome da aplicación: Skyscanner todos los vuelos
Requerimentos: 2.3 e superiores.
Descarga: Play Store

 

Sobre o autor

Reply