Constrúe un fogar conectado co novo Archos Smart Home

archos smart home

Durante o pasado MWC de Barcelona, a francesa Archos deu a coñecer Smart Home, o seu sistema de fogar conectado, co cal puidemos cacharrear, tendo unhas primeiras sensacións moi positivas. Este novidosos sistema ponse agora á venda no noso País cun pack inicial, aínda que nos próximos meses irán aparencendo novos complementos.

archos smart home mwc 2

O pack de venda está centrado na Archos Smart Home Tablet, o dispositivo desde o cal poderemos controlar o resto de obxectos conectados, aínda que desde calquera outro móbil con Android ou iOS poderemos xestionalos grazas a unha aplicación. Complementan o pack dúas mini cámaras coas que poder facer fotos, dúas etiquetas detectoras de movementos de portas e dúas etiquetas meteorolóxicas que miden temperatura e humidade.

archos smart home mwc

Todos estes gadgets únense a través de Bluetooth Smart, un sistema que mellora as prestacións do Bluetooth estándar, sobre todo en alcance (20 metros fronte aos 10 habituais), e a súa instalación é moi doada, xa que non precisan cables e a súa batería dura até un ano enteiro.

O pack Archos Smart Home comercialízase por 229,99 €, aínda que se sempre poderemos mercar máis obxectos conectados por separado, desde 29,99 €. Así mesmo, preanuncian que despois do verán haberá novos obxectos, como un conector para controlar a alimentación, unha alarma e un detector de movemento esférico.

Sobre o autor

Reply