Hai apenas un par de semanas anunciabamos que os dispositivos Nexus recibían Android 4.4.3, unha actualización con poucos cambios do sistema operativo Android, que hoxe queda obsoleta tras aparecer as imaxes de fábrica de Android 4.4.4, KTU84P.
Sen apenas cambios, a nova versión corrixe un fallo de seguridade en OpenSSL, aínda que de seguro trae algunha pequena cousa máis que iremos coñecendo nos próximos días.
As imaxes de fábrica están dispoñíbeis para os Nexus 4, Nexus 5, Nexus 7 e Nexus 10, e poden descargarse desde esta ligazón. Imaxinamos que nos próximos días comezará a OTA que achegará a versión automaticamente aos nosos dispositivos.
É curioso que dende que actualicei un LG G2 LGD802 a esta versión de Android non consigo prender datos dende o acceso directo da pantalla deslizamento principal. Teño que ir a axustes / redes e prender os datos dende aí.
Alguén co mesmo problema?
Ola Santi,
ao final contestámosche polo Twitter. Desculpa que non viramos antes esta mensaxe, un saúdo!