Android 4.4.4 KitKat xa é oficial

nexus_family

Hai apenas un par de semanas anunciabamos que os dispositivos Nexus recibían Android 4.4.3, unha actualización con poucos cambios do sistema operativo Android, que hoxe queda obsoleta tras aparecer as imaxes de fábrica de Android 4.4.4, KTU84P.

Sen apenas cambios, a nova versión corrixe un fallo de seguridade en OpenSSL, aínda que de seguro trae algunha pequena cousa máis que iremos coñecendo nos próximos días.

As imaxes de fábrica están dispoñíbeis para os Nexus 4, Nexus 5, Nexus 7 e Nexus 10, e poden descargarse desde esta ligazón. Imaxinamos que nos próximos días comezará a OTA que achegará a versión automaticamente aos nosos dispositivos.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Santi Ll 7 Setembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 7 Setembro, 2014 Responder

Reply