As novas Galaxy Tab S de Samsung xa teñen prezo

image005

 

O pasado 13 de xuño Samsung presentou as novas Galaxy Tab S, unha nova liña de tablets que se sitúan na cabeceira deste tipo de dispositivos que empregan o sistema operativo Android, que ademais veñen con numerosos accesorios para aumentar a nosa produtividade.

Agora vense de desvelar os prezos nos que poderemos atopar estes trebellos no noso País a partir do vindeiro 4 de xullo. Son os seguintes:

  • Samsung Galaxy Tab S 10.5 polgadas versión WiFi: 499 €
  • Samsung Galaxy Tab S 10.5 polgadas versión 4G: 599 €
  • Samsung Galaxy Tab S 8.4 polgadas versión WiFi: 399 €
  • Samsung Galaxy Tab S 8.4 polgadas versión 4G: 499 €

Porén, desde hoxe mesmo poderanse ver en máis de 50 tendas repartidas por todo o Estado español. Quen esté pensando mercar un destes novos trebellos, facendo a reserva a partir de hoxe nas tendas Samsung Experience Store, El Corte Inglés ou Fnac recibirá unha funda Book Cover de agasallo, valorada en 59 euros.

Sobre o autor

Reply