Wiko e Mediaset únense para lanzar o smartphone Divinity

divinity

Wiko e Mediaset véñense de unir para lanzar unha edición limitada do modelo Darkmoom deste fabricante destinada ao público da canle Divinity. Baixo o nome Wiko Divinity, este trebello comercialízase en lilá e vén nun pack especial que inclúe unha carcasa de lunares exclusiva

divinity pack

O teléfono vén cunha pantalla de 4,7 polgadas, procesador de catro núcleos 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 32 GB (no pack inclúese unha tarxeta de 8 GB). A súa cámara principal é de 8 megapíxeles, mentres que a frontal chega aos 5, cuxo obxectivo é conseguir selfies de calidade. O sistema operativo é Android 4.2.2, sen personalizacións, aínda que imaxinamos que virá coa aplicación de Mediaset preinstalada.

O Wiko Divinity pódese mercar na tenda online de Mediaset e nos distribuidores oficiais por 189, 90 euros.

Sobre o autor

Reply