Así é o novo Android TV

android tv apps

Este ano o Google I/O ven cargado de novidades de sofrware e neste artigo queremos destacar a solución aportada para consumir todo tipo de contido multimedia no televisor: Android TV.

Android TV pasa por ser a evolución do pouco exitoso Google TV, e non é outra cousa que un paquete de software totalmente renovado que conta cunha nova interface, moi sinxela e que promete integrar unha morea de servizos para facer que a experencia de usuario sexa única: poderemos ver dun xeito sinxelo as nosas series favoritas, xogar aos xogos que atopamos na Play Store e moitas outras moitas cousas.

android tv xogos

Mais se cadra o que máis non chamou a atención foi a posibilidade de conexión entre o televisor e o noso smartphone co que poderemos empregar Google Now para facer búsquedas de voz. E é que no que vai de Google I/O estamos a ver como Google está apostando intensamente pola integración total entre o software e o hardware.

Estas son algunhas das novidades, pero debedes saber que, como non pode ser doutro, Android TV tamén permitirá que sigades a ver a tele de sempre ou usarse como navegador 😉

Que vos parece a integración multiplataforma que está a facer Google con Android?

Sobre o autor

No Responses

Reply