Android One, a aposta de Google para os mercados emerxentes

As tres horas de keynote inaugural do Google I/O deixáronnos unha chea de novidades, que podedes seguir neste fío. Unha delas é Android One, un movemento co que Google quere impulsar a adopción de novas tecnoloxías nos países emerxentes, sen que isto supoña que os trebellos teñan que ser malos.

A idea é semellante ao que fixo Motorola co Moto E, combinando especificacións decentes e unha versión actual de Android. Neste senso, as actualizacións dos dispositivos Android One será responsabilidade da propia Google, como se dun dispositivo Nexus se tratase.

Polo de agora Google falou de tres marcas (Micromax, Karbonn e Spice), aínda que non se concretaron moito as especificacións. Do único que puidemos ver algo foi do Micromax, que integra pantalla de 4,5 polgadas, ranura para dobre SIM e espazo para tarxeta microSD. De todos os xeitos é de agardar que proximamente novos fabricantes se apunten a esta aventura.

Sobre o autor

No Responses

Reply