Como sabedes, o Chromecast é un trebello ao cal, unha vez o temos conectado ao noso televisor, podemos enviar contido multimedia para ser reproducido desde practicamente calquera outro terminal ou ordenador conectado á mesma rede WiFi.
O Google I/O serviu para que se presentasen novidades que chegarán moi axiña cunha actualización, entre as que destaca o mirroring desde os nosos Android, co que poderemos compartir a pantalla dos nosos teléfonos ou tablets na televisión. Mais esta non será o único cambio, xa que a nova versión de software multiplicará as posibilidades ao non ter que estar conectados á mesma rede WiFi para facer cast e permitirá poñer as fotos de Google+ como fondo de pantalla.
O Chromecast é compatíbel cunha rea de apps e pódese mercar por 35 € na Play Store.
Non funciona a ligazón da rea de apps!
Interesante como vai mellorando o chromecast.
Se ao mirroring dende un dispositivo Android lle sumasen mirroring dende o PC xa sería a ferramenta completa. Pero supoño que non é tan sinxelo facelo, e se cadra ademais non lles interesa. Supoño que si que farán que se poida facer mirroring dende un Chromebook, pero iso xa non é tan interesante para a maioría, penso.
Olá Xabre!
Xa corriximos o tema da ligazón, graciñas polo aviso 😀
Nós non descartaríamos que a actualización tamén veña con mirroring desde PC; o certo é que comentaron liñas xerais e non todas as actualizacións específicas. En calquera caso, agora mesmo podes facer mirroring do que ves en Chrome, que algo é algo.
Un saúdo!