Tal e como avanzara Forbes, Google anunciou onte Google Fit, a ferramenta deseñada para cuantificar, xestionar e procesar a nosa actividade física do día a día, así como tamén os datos que poidan recopilar diferentes gadgets.
Google Fit é compatíbel con aplicacións de terceiros e fabricantes (Adidas, Asis, Basis, HTC, Intel, LG, Withings, Mio, Motorola, Nike, Noom, Runtastic, RunKeeper, Polar) e estará dispoñíbel cando se actualicen os Play Services proximamente.