Antonte durante a keynote inaugural do I/O Google deunos máis pistas sobre Android Wear, ademais de presentar os 3 primeiros reloxos que estrean esta versión do sistema operativo.
Se estades pensando en facervos cun destes reloxos intelixentes (o LG G Watch e o Samsung Gear Live xa están á venda na Play Store), recomendámosvos que comprobedes antes se o voso smartphone é compatíbel. Para iso só tedes que abrir o navegador do voso teléfono e ir á web http://g.co/WearCheck
Sinxelo, non? 🙂