Hai algo máis dun ano Facebook presentou, tras meses de rumoroloxía sobre un hipotético fork de Android, Facebook Home, un launcher co que poder facer da rede social a nosa pantalla de inicio.
Porén, non houbo que agardar moito tempo para evidenciar un dos maiores fracasos da compañía, pois as cifras de instalación foron ridículas, as críticas moi negativas e o smartphone HTC First, con Facebook Home preinstalado, un chasco.
Segundo publica New York Times, Facebook decidiu abandonar o proxecto, reubicando aos traballadores noutras áreas, como a aplicación clásica, a de mensaxería ou a recén lanzada Slingshot.
Chegastes a instalar Facebook Home?