Google aposta polo futuro: Proyect Tango e Proyect Ara

Nesta semana estamos coñecendo moitas novidades dos plans que ten Google para o futuro máis inmediato. Desta volta queremos achegarvos dous interesantes proxectos: Project Tango e Project Ara.

Project Tango.

Tango-Tablet_white_678x452

Este proxecto pretende convertir os nosos gadgets en ferramentas para mapear espazos en 3D, para o cal esta semana veñen de presentar unha tablet que chaga da man de Nvidia cun hardware moi potente (4 GB de RAM, 128 GB de memoria interna e o chipset Tegra K1) acompañado dun sistema de cámaras para o mapeado.

O prezo será superior aos 1000 dólares e estará dispoñíbel cara finais de ano, cun número limitado de unidades. O mellor que puidemos ver é o vídeo no que se presenta o dispositivo

Ademáis temén se anunciou, xa para 2015, un modelo de tablet tango da man de LG para o gran público.

Project Ara.

Pola súa banda, o Project Ara está orientado a crear un teléfono modular, unha liña de traballo pola que aposta Google para o proximo ano. É un proxecto moi ambicioso por parte da compañía co que pretende crear unha de módulos intercambiabéis que nos permitan facer cousas nunca vistas cos nosos smartphones, ademáis das cousas máis lóxicas como poden ser mudar de unicamente o módulo do procesador se precisamos un máis potente e non o terminal enteiro.

Onte puidemos ver as primeiras imaxes do deseño do que podería ser o primeiro teléfono modular que chegaría baixo o paraugas de Google

Screenshot_2014-06-26-18-35-15

Semella que este proxecto é dos que máis darán que falar nos próximos meses, xa que se pensamos nun teléfono modular poderíamos pensar en trebellos de duración case infinita. Tedes máis información na web do proxecto.

Que pensades destas dúas liñas de traballo?

Sobre o autor

No Responses

Reply