Resumo e reflexións logo do I/O 2014

Esta semana foi moi intensa. Desde San Francisco chegáronnos moitas novas interesntes do que nos espera nos vindeiros 12 meses no panorama Android e, en xeral, no ecosistema Google. Como hai unha chea de información, a idea desta entrada é servir de resumo e reflexión do que deu de si o Google I/O 2014.

Este ano Google decidiu apostar decididamente pola integración total de servizos e dispositivos en canto a software, con novidades moi importantes.

Android TV

android tv apps

Android TV vén para sustituír a Google TV. Supón unha renovación total, no estético e nas funcionalidades, para consumir todo tipo de contidos no noso televisor sen esquecer a conectividade Ler máis.

Android Wear

Captura de pantalla de 2014-06-25 18:20:02

Era das cousas máis agardadas da keynote. Trátase dunha versión lixeira de Android específica para wearables, que contan con opcións que van desde a consulta de notificacións a facer buscas e tramitar compras.Ler máis.

Android Auto

android auto portada

A intención da compañía Gran G é que os nosos coches sexan unha extensión máis da experiencia Android e da conectividade, integrando funcionalidades de GPS, mans libres e centro multimedia. Ler máis.

Android L.

notificacions

É o nova versión de Android que levarán a seguinte xeración de smartphones e algúns dos mellores que están actualmente no mercado. Supón un cambio importante en canto a interface e, en xeral, na experiencia de usuario. Novas iconas, novas notificacións, novas animacións 3D e moito máis.Tamén nos chamou a atención as novas formas de desbloqueo, incluíndo a posibilidade de achegar un reloxo con Android Wear, o que realmente resulta moi cómodo. Ler máis.

Google Fit

google fit

Integrada en Play Services, Google Fit quere converterse na ferramenta deseñada para cuantificar, xestionar e procesar a nosa actividade física do día a día. Ler máis

Android One

android one

Trátase dun movemento co que Google quere impulsar a adopción de novas tecnoloxías nos países emerxentes, sen que isto supoña que os trebellos teñan que ser malos: especificacións decentes, unha versión actual de Android e actualizacións desde a propia Google. Ler máis.

Project Tanto e Project Ara

hero-tango-logo

  • Project Tango: este proxecto pretende convertir os nosos gadgets en ferramentas para mapear espazos en 3D.
  • Project Ara: está orientado a crear un teléfono modular, unha liña de traballo pola que aposta Google para o proximo ano.

Podedes ler toda a información sobre os proxectos nesta ligazón.

Como podemos ver, Google quere chegar a todas partes apostando pola integración para que poidamos difrutar dos servizos que nos fan a vida máis doada en calquera pantalla.

Malia todo, non foi o evento perfecto, xa que quedaron algúns temas por tratar. Dunha banda, botouse de menos ter nova información sobre as tablets de Google. É hora de que a Nexus 10 sexa renovada, quizais sustituída pola rumoreada Nexus 9, cuxa imaxe foi filtrada (de ser certa) mais non presentada.

Captura de pantalla de 2014-06-26 00:33:55

Por outro lado, sen fon fora porque tivemos o privixelio de poder analizalas, diríamos que as Google Glass son unha lenda. Agardábase (agardábamos?) que no Google I/O anunciaran a dispoñibilidade mundial ou cando menos novidades interesantes, mais pouco se falou delas no evento, nada durante a keynote principal.

google glass marco

Tamén é certo que houbo boas novas. Falouse moito este ano de que o Nexus 5 ía ser o derradeiro desta familia, que morrería para dar paso a Android Silver; pos ben, malia sen dar moitos detalles sobre cal será o seguinte membro da familia Nexus, o que si fixo Google foi confirmar que a marca segue moi presente nos plans da compañía.

Atrevémonos a afirmar que foi o I/O 2014 máis intenso a pesar das ausencias, nalgúns casos importantes. De todos os xeitos, todas a novidades de software que acabamos de resumirvos fan que esteamos entrando nuns meses moi intensos cheos de novidades nas que comezaremos facer as tarefas de sempre, pero doutro xeito. O futuro é Android.

Sobre o autor

Reply