Todos os detalles do novo Primux Sigma

primux sigma

A galega Primux vén de anunciar un novo smartphone que se suma ao seu catálogo de dispositivos Android. Trátase do Primux Sigma, un trebello que sairá á venda con Android 4.4 e vocación de ser o terminal de referencia da empresa durante os próximos meses.

Incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas, con resolución 1280 x 720 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB e batería de 2300 mAh. As súas cámaras son de 13 e 2 megapíxeles, a principal con sensor Sony.

O Primux Sigma ten capacidades dualSIM e o pack de venda incluirá funda, protetor de pantalla e batería adicional.

Sobre o autor

No Responses

Reply