Cumprimos catro anos

android google plex

Tal día coma hoxe, hai catro anos, naceu Mallando no Android, como un proxecto derivado de Mallando na e-ira (hoxe en día deixado a monte por falta de tempo). Con Mallandroid, como lle chamamos agarimosamente entre nós, pretendiamos crear un punto de encontro para todas as galegas e galegos interesados pola tecnoloxía, nomeadamente polo ecosistema Google / Android e os trebellos.

Se seguides as nosas andainas, veredes que en grande medida cumprimos ese obxectivo, e hoxe en día o blog é un espazo no que a diario temos artigos de información e análise arredor deses temas. Somos frikiños (orgullosos de selo!) e curiosos, encántanos trebellar e compartir as nosas experiencias neste (voso) espazo. Mais queremos ir un paso máis aló, e mesmo dar o salto ao MundoReal™; seguramente esta sexa unha das liñas nas que traballaremos durante o próximo ano.

Nestes catro anos o panorama de medios en galego cambiou radicalmente. Aos poucos, foron desaparecendo todo tipo de publicacións na nosa lingua. Porén, tamén xurdiron novos e apaxionantes proxectos que demostran a cotío que na nosa lingua é posíbel comunicar e que as galegas e galegos somos quen de facelo.

O noso obxectivo é seguir medrando, actualizándonos, disfrutando da tecnoloxía e do cacharreo. Con Android na mente e os pés na terra, Galiza.

Sobre o autor

4 Comments

  1. Millán 1 Xullo, 2014 Responder
  2. Adrián 1 Xullo, 2014 Responder
  3. Xabier 1 Xullo, 2014 Responder
  4. canselleiro 3 Xullo, 2014 Responder

Reply