Whatowheather, unha curiosa aplicación para consultar o tempo e moito máis.

Cantas veces non vos pasou de saír á rúa e acabar mollados por non acertar coa roupa? Isto é o que tenta solucionar Whatowhether, unha curiosa app que mistura as prediccións meteorolóxicas (para hoxe e mañá) coa mellor opción á hora de se vestir en función destas prediccións e sen deixar de ir á moda.

Screenshot_2014-06-26-09-13-47

Por exemplo, como podemos ver nesta captura, atopamos na parte superior a predición meteorolóxica na zona onde estamos e máis abaixo xa vemos a proposta sobre cal sería o tipo de roupa máis axeitado para estas condicións que ademáis pasa por ser unha ferramenta que nos axuda a combinar aquelas prendas que están máis á moda.

Screenshot_2014-06-26-09-10-45bis

Ademáis a aplicación ten unha parte moi social coa que os usuarios e usuarias desta aplicación poden, premendo de esquerda a dereita:

  • Dicir que lles gustou o conxunto proposto.
  • Recibir unha alerta se o conxunto pasa a ser tendencia.
  • Ver cantas prendas do conxunto proposto temos na casa.

Continuando coa parte da aplicación máis adicada á moda se premenmos sobre a roupa proposta podemos ver cada prenda ou accesorio por se parado, e se temos interese nalgún en particular, premendo sobre ese imos directamente a unha web onde podemos consultar o se prezo e outras características de interese.

Screenshot_2014-06-26-09-10-59Debemos engadir que os usuarios da aplicación teñen unha parte para interactuar entre eles xa que por exemplo, un poderá facer o seu armario (coa icona da bolsa, indicas que prendas tes) e agardar  a ver se a súa roupa gusta ou non. Tamén veremos se os nosos gustos concordan cos da comunidade unha vez que clicamos sobre algo e vemos se ao resto de membros tamén lle gusta.

Estes son algúns dos usos que lle podemos dar a Whatowhether pero entrando na súa web, podemos ver isto con moito máis detalle.

Non queremos rematar a análise sen dicir que en próximas actualizacións gustaríanos ver un apartado adicado aos rapaces xa que polo de agora a roupa proposta é feminina e seguro que moitos sodes de abrir o armario e poñernos o primeiro que atopamos e tamén precisamos unha pequena axuda. 😉

Podemos atopar Whatowheather na Play Store para descargar dun xeito gratuito.

Sobre o autor

Reply