Primux aumenta o seu catálogo cos novos Delta 4 e Omega 5

primux omega 5 completo

A empresa ourensá Primux segue desvelando os seu catálogo de dispositivos Android. Tras o anuncio do Primux Sigma, chegan agora dous novos modelos en 4 e 5 polgadas. Son o Primux Delta 4 e Primux Omega 5.

primux delta 4

O Primux Delta 4 é a opción para todas aquelas persoas acostumadas a pantallas pequenas. O seu panel de 4 polgadas ten resolución WVGA 480 x 800 píxeles. Vén cun procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, RAM de 1 GB e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. As súas cámaras son de 8 e 1,3 megapíxeles e a batería de 1400 mAh.

primux omega 5

Por outra banda, quen prefira un disposivo cun tamaño de pantalla maior pode optar polo Primux Omega 5. Neste caso a pantalla é de 5 polgadas con resolución 540 x 960 píxeles. Comparte procesador e memoria RAM co Delta 4, aínda que o seu almacenamento interno é de 16 GB (ampliábel). Incorpora dobre cámara, a princiapl de 13 megapíxeles e a frontal de 1,3, mentres que a súa batería queda nos 1400 mAh.

Ambos os dous trebellos veñen con Android 4.4 KitKat e dispoñen de opción dual SIM. Así mesmo, nos respectivos packs de venda inclúense un protetor de pantalla, batería adicional e funda flip cover.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Antía 20 Agosto, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 20 Agosto, 2014 Responder

Reply