Tras a nosa primeira xuntanza con Google por mor do #AndroidEnGalego, anunciámosvos que estaban a traballar para levar a nosa lingua a cada vez máis servizos e que axiña veríamos os primeiros resultados.
Aínda que houbo que agardar algúns meses, desde esta mesma tarde xa temos a opción de activar o Gmail en galego. Para ilo só temos que entrar na configuración da nosa caixa de correo e seleccionalo. Así de doado.
Coa chegada do galego, o popular servizo de correo electrónico de Google chega ás 71 linguas nas que pode ser empregado.
Ola. Sabedes por que non teño a opción de cambiar a galego en todas as miñas contas de gmail?
Olá Samu,
Se podes mudar nalgunhas e noutras non, seguramente sexa porque a activación de novidades adoita facerse de forma paulatina. Volve probar nunhas horas / días a ver se xa tes dispoñíbel en todas.
Un saúdo!
Moitas grazas pola información.
Cambiado e rulando!!!
En realidade eu xa o fixen hai máis dun mes. A opción do galego xa estaba dispoñible.
Boas!
Pois daquela igual activaron en probas a algúns usuarios e fuches un dos afortunados 🙂 Oficialmente e globalmente chegou onte.
Un saúdo
A magoa é que só deixe activar o idioma da interface e non deixe usar o galego como corrector ortográfico. Falta aínda un pasiño …
Teño Android 4.1.1 sen opción de galego, a aplicación de Gmail está actualizada á última versión 4.9 (1271612), e a opción de galego xa escollida na versión de escritorio de Gmail. A pesares diso, cando abro a app, non me aparece en galego. Alguén pode botar-me unha man?
Olá Lois,
Non podes telo en galego porque na aplicación móbil non está dispoñible. Iso é algo que agardamos aconteza cando estea dispoñible Android en Galego.
Un saúdo
Moitas grazas pola axuda (cria que era cousa do meu móbil!), e máis ainda pola celeridade da resposta. Felicidades polo traballo.
Saúdos e forza nesta teima de poder estarmos coma galegos “virtuais” tamén!