Chromecast xa permite mirroring do teu Android á televisión

cast_screen

Tras o anuncialo durante o I/O, Google vén de lanzar a actualización da aplicación do Chromecast que permite facer mirroring do noso smartphone ou tablet na televisión. O mirroring é unha funcionalidade que nos permite compartir a pantalla do noso trebello tal e como a estamos a ver nunha pantalla maior, neste caso, na nosa televisión.

Para acceder a esta funcionalidade, desde a aplicación Chromecast abriremos o menú e seleccionaremos a opción sinalada para comezar a sesión. No caso dos dispositivos Nexus, tamén se poderá facer desde o menú de acceso rápido.

cc_mirror_android4

Os primeiros dispositivos en disfrutar desta nova funcionalidade do Chromecast son os Nexus, aínda quenos próximos días chegará aos dispositivos máis populares de Samsung, LG, HTC e outros.

O Chromecast pódese mercar na Play Store por 35 €, aínda que en tendas como Amazon é doado atopalo máis barato.

Vía

Sobre o autor

2 Comments

  1. Miguelanjo 9 Xullo, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 9 Xullo, 2014 Responder

Reply