Semella que esta semana vén chea de boas para a nosa lingua. Se o luns falabamos da chegada do galego a Gmail, a actualización que chega hoxe do teclado oficial de Google inclúe tamén a nosa lingua, ademais do euskera ou o español latino, entre outros.
Con esta actualización Google facilítanos a introdución de textos en galego co teclado oficial, xa que até o de agora tiñamos que recurrir a teclados alternativos como Swiftkey, que xa tiñan soporte no noso idioma
Podedes descargar o teclado de Google deste a Play Store, e para mudar o idioma só tedes que acceder ao menú de Axustes, Idioma e introdución de texto, Axustes de teclado de Google.
[Actualización]: Quen teña problemas para descargar a aplicación desde a Play Store pode facelo desde este mirror usando directamente o APK.
Descargueino e si, ten corrector para galego, pero a función de escribir deslizando o dedo non funciona (en galego). É problema meu ou a vos tamén vos pasa?
Olá Carlos,
Por aquí funciónanos perfectamente. Probamos nun LG G2 e nun LG G3. Será unha incompatibilidade do teu smartphone? Funciónache noutros idiomas?
Un saúdo
A min tampouco me funciona a función de escritura xestual, e probei co euskera, que é outra das linguas añadidas nesta versión, e tampouco; sen embargo cas linguas que había de antes, si.
(Probado nun Nexus 4 con android 4.4.4 Stock.)
Eu descarguei de novo o teclado pero segue sen aparecerme o galego. Podo escollelo en ditado de voz, pero iso xa podía antes. En idiomas de introdución, dentro de teclado de google non me aparece. 🙁
Olá Lelo,
Iso pode ser porque non che chegara ao teu móbil a actualización á versión correcta. Proba a baixar o ficheiro APK deste mirror http://www.androidfilehost.com/?fid=23501681358560474
Grazas polo link, Iago, porque no meu moto G dime que non podo descargar esa app… que non está dispoñible para o meu dispoisitivo (eu teño o teclado aosp instalado de serie)
O mesmiño pásame a min con MotoG 4G. É seguro instalar esa APK por riba?
Si Carlos, non hai problema 🙂
A min en Google Play ponme “este elemento no está dispoñible en tu pais” e descargando o APK o teclado aparece sen problema nun Moto G, pero a escritura xestual non funciona (cando si o fai, por exemplo, en español ou portugués).
É curioso o tema do Moto G e Nexus. Como comentaba antes, en LG G2 e LG G3 vai sen problema a escritura xestual :S
Se nexus e moto teñen problemas co swipe, pode ser polo seu teclado base, o teclado aosp
Pásacheme o mesmo co mesmo terminal.
Graciñas pola resposta. O problema que teño agora é que non sei que facer co ficheiro. Unha vez descargado, se vou a downloads, pregúntame se o quero abrir como texto, vídeo ou non sei que máis, pero non teño nin idea de como facer unha instalación se non é desde o Play store. Vou mirar por aí que seguro que está explicado xa nalgures.
Por certo, a versión actual é a 3.1.19633.12578etc… iso si podo velo dd o clean master
Non sei moi ben o que fixen. Desde o clean master fedellei como se quixese actualizar o apk que constaba na súa listaxe. Daquela díxome que tiña que dar permisos para instalar paquetes de fontes descoñecidas. Fíxeno, borrei todo o que descargara, descarguei de novo e esta vez ao lle dar a gardar parece que en vez de mandalo a downloads instalou, porque xa aparece galego na listaxe. Xa está escollido.
Pero: agora voume ao teclado para escribir algo e non noto moita diferenza na práctica: na barra espazadora pon Galician pero cando escribes as suxestións que fai a máquina aparecen en diferentes idiomas… Por exemplo, se escribo Mi para facer a palabra “Miña”, suxire Miller, Miguel… con Miñ unha das suxestións xa é MONXA, pero Miña -unha vez tecleada, aparece cos tres puntiños por debaixo para gardala como palabra nova/descoñecida. Estou falando moito para dicir algo moi simple: mosquéame que parece descoñecer as palabras máis básicas: miña, estea, bico, saúdos, eu… aínda que si aparecen suxestións como monxa ou estrada, así que en galego si que está. Será que é así e punto? Será que non o sei usar ben?
Boas Lelo, vimos que o problema que comentas das suxestións estalle a pasar a algunhas persoas, polo que igual é unha mixtura de diferentes cousas (terminais, etc).
Igual éche mellor probar Swiftkey, que ten unha predicción de galego moito máis acertada. Podes descargalo desde a Play Store: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.touchtype.swiftkey
Pois eu non o consigo. Pos máis que actualizo o teclado de Google, a opción de galego non aparece. Algo farei mal, que son inexperta abondo… a ver se me podedes botar unha man
Ola Ana. Logo de actualizar, pasaches polo Menú do terminal, Axustes. Idioma… etc para seleccionar galego? Se é así, igual non che actualizou a aplicación á versión que contén a nosa lingua.
A solución nese caso é baixar o ficheiro APK (a aplicación) desde un servidor alternativo, fóra da Play Store. Telo dispoñíbel aquí: http://www.androidfilehost.com/?fid=23501681358560474
Neste caso, descargas o apk e o instalas (sairache unha mensaxe de seguridade, dálle sen medo que é correcto. Feita a instalación, vai ao menú do móbil, axustes, idioma… e selecciona o galego.
Xa nos comentarás se así xa che funcionou
Ola, de novo! Xa o fixera antes e repetino agora. Segue sen aparecer. Supoño que hai algún paso que non estou a dar, porque descarguei a aplicación, recibín a notificación de que a descarga se completou, pero o galego segue sen aparecer nos idiomas de Teclado de google (é aí onde debería, non?).
Sip, debería ser así 🙁 Seguramente esteamos a perder algo polo camiño. Coméntoche o mesmo que a Lelo: proba con Swiftkey, que funciona moito mellor na nosa lingua e a predicción é extraordinaria. Podes descargala desde aquí https://play.google.com/store/apps/details?id=com.touchtype.swiftkey
Graciñas Iago, hei probar con esoutro teclado a ver.
Pois si, o shiftkey via de marabilla. O problema que lle vexo é que non deixa cambiar de modo de entrada de datos (teclado, voz…) como os outros ao premer longo no espazo, e como ao activalo sae esa advertencia de que pode ler todos os teus contrasinais e patatínpatatán que se queres instalalo, dá un pouco de cousa usalo para cousas serias, com acceder ás contas bancarias.