A LG Lifeband Touch xa á venda no noso país por 149 €

LG vén de poñer á venda no noso país a súa pulseira cuantificadora da actividade física, a LG Lifeband Touch. Trátase dun wearable que rexistra a distancia percorrida e ofrécenos información das kilocalorías queimadas co fin de que esteamos o máis en forma posíbel.

LG_Lifeband Touch_03

A Lifeband permite ademais fixarnos obxectivos e vainos propondo retos e suxerindo actividades coas que poder conseguilos. É compatíbel con pulsómetros e monitores cardíacos para conseguir ter información detallada de como vai a nosa progresión, ademais de cuns cascos de medición de ritmo cardíaco que comercializa a propia LG.

Funciona conectándose co noso móbil a través de Bluetootgh 4.0 e pódese xestionar a través da aplicación LG Fitness, aínda que tamén se comunica con outras coñecidas como RunKeeper.

LG_Lifeband Touch_01

O dispositivo dispón dunha pantalla OLED a través da que poderemos consultar o tempo, as medicións, os datos biométricos ou quen nos chama; neste senso, tamén poderemos usala como mans libres para responder chamadas. Integra ademais unha batería que permite que o trebello funcione até 5 días sen dependencia de carga e funcionalidades extra, como unha alarma que nos avisará se nos separamos do móbil, evitando perdas ou roubos.

A LG Lifeband Touch está xá á venda no noso país en varias cores por 149 €.

Sobre o autor

Reply