Samsung estrea tenda en liña de accesorios

galaxy estore

Desde hai uns días Samsung ten en funcionamento unha nova tenda de accesorios, a Samsung E Store, un espazo no que os usuarios poden atopar todo tipo de accesorios oficiais da compañía que complementan a experiencia Samsung.

Entre as cousas que podemos atopar por aló temos fundas e correas para smartphones, tablets ou os reloxos Gear de diferentes cores e mesmo con deseños firmados por Moschino ou Kirkwood, cun custe aproximado de 60 euros. Punteiros, cables, auriculares e outros accesorios complementan un amplo catálogo de personalización.

Así mesmo, a web tamén permite adquirir algúns dos trebellos, coma o Gear Fit, aínda que non as tablets e teléfonos, imaxinamos que para non entrar en competencia cos distribuidores.

Pódese visitar a tenda nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply