Samsung Galaxy Alpha (F?): todos os detalles do terminal que ten na cociña Samsung

Samsung_Galaxy_F

Tras numerosos rumores e díxome – díxome, unha exclusiva de ADSLZone achéganos información dun novo terminal de alta gama de Samsung, o Galaxy F ou Galaxy Alpha, dispositivo que destaca polo seu deseño ultradelgado (apenas 6 mm), formas máis rectas que nos últimos trebellos da compañía e o acabado semellante ao Galaxy S5.

As súa pantalla é un panel de 4.7 polgadas SuperAMOLED con resolución FullHD e no seu interior atopamos un procesador quad core Cortex A15 a 1,8 GHz, 2 GB de memoria RAM e 15 GB de memoria interna. A batería é de 1860 mAh e as cámaras de 12 e 2,1 megapíxeles. Ao igual que o Galaxy S5, inclúe lector de pegadas dixitais na tecla central, aínda que non o de pulsacións traseiro. Tampouco é resistente á auga.

Está previto que chegue ás tendas no mes de setembro por uns 600 €, aínda que se atendemos aos prezos do Galaxy S5 podería ser bastante inferior. Nun primeiro momento habería versión branca e bronce.

Sobre o autor

No Responses

Reply