Amazon ficha a Babak Parviz, creador das Google Glass

Babak Parviz

Babak Parviz, creador das Google Glass, vén de anunciar no seu perfil de Google+ que abandona a empresa da Gran G para dirixirse a outra das grandes, Amazon, malia que sen dar explicacións das razóns ou do traballo que desenvolverá no seu novo posto.

Ademais das Google Glass, Parviz tamén traballou nas lentes de contacto que Google está a desenvolver para o control da diabete, polo que os seus coñecementos da tecnoloxía aplicada á visión e percepción son moi importantes.

Este movemento parece confirmar que as Google Glass non están pasando polo seu mellor momento, logo de certa perda de interese dos usuarios ante os longos prazos que está a ter a versión beta ou o seu paso practicamente desapercibido durante o evento de desenvolvedores Google I/O de hai unha semanas.

Se queredes saber máis das Google Glass podedes pasarvos pola nosa análise.

Sobre o autor

No Responses

Reply