No pasado I/O Google desvelou Material Design, as liñas mestras do novo deseño que a compañía está a introducir de cara a chegada oficial de Android L, prevista para o outono. Porén, pouco a pouco imos vendo como algunhas aplicacións vanse adaptando a esta nova estética, como pasou con Drive e Google+ tras as últimas actualizacións.
Segundo apuntan unhas capturas filtradas a propia Play Store estaríase preparando para recibir un importante lavado de cara, mellorando notabelmente a súa interface grazas ao uso de imaxes máis grandes e novas combinacións de cores máis atractivas.
Que vos parecen estes cambios?