Somos adictos ás selfies

selfie android

Segundo un estudo  realizado por Line, o 59% dos habitantes do Estado español decláranse adictos ás selfies, especialmente canto se trata de autorretratarse coa parella ou co ligue, fronte aos alemáns e ingleses que prefiren facelo en solitario.

Durante 48 horas  un total de 27000 persoas, das cales un 46% eran menores de 26 anos, participaron nesta particular sondaxe da popular platarforma de mensaxería. Chama a atención que moita xente amosou o seu interese en poder convertir en sticker a súa selfie, o que levou á compañía a desenvolver a aplicación Line Selfie Sticker, que xa se pode descargar gratuitamente desde a Play Store.

Os resultados totais do inquérito poden consultarse na seguinte infografía. Sentídesvos identificadas/os?

Sobre o autor

Reply