Desvelada a versión “mini” do LG G3

lg g3 beat

Se hai uns días Samsung lanzou o Galaxy S5 Mini, versión recurtada do Galaxy S5, LG vén de facer o propio co seu terminal de referencia, o LG G3. Este é o novo LG G3 Beat, que  a Europa chegará coa denominación LG G3 S.

Polas súas especificacións técnicas, o novo dispositivo do fabricante coreano quedaría enmarcado na gama media, aínda que conserva o mesmo deseño premium do seu irmán maior. Incorpora unha pantalla de 5 polgadas con resolución HD (1280 x 720), procesador SnapDragon 400 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD.

lg g3 vs lg g3 beat

No apartado multimedia, a cámara traseira é de 8 megapíxeles e vén con láser AF para mellorar o enfoque, mentres que para a frontal elixiron un sensor de 1,3 megapíxeles. A batería, extraíbel, é de 2540 mAh, e entre as opcións de conectividade atopamos compatibilidade coas redes 4G.

En canto a software, vén con Android 4.4 de serie, coa interface renovada  que descubrimos no LG G3, a cal mellora moito a experiencia visual.

O novo LG G3 Beat estará dispoñíbel en tres cores (negro, branco e dourado) desde mañá mesmo en Corea do Sur; nas próximas semanas saberemos do seu lanzamento por estes lares.

Sobre o autor

Reply