Co gallo do septuaxésimo aniversario da publicación do Sempre en Galiza de Castelao, o Consello da Cultura Galega e a Editorial Galaxia veñen de lanzar unha aplicación para Android que permite achegármonos á principal obra do autor rianxeiro.
A través dos diferentes menús desta ferramenta podemos ir coñecendo diferentes apartados do libro, acceder a galerías de imáxenes que se conservan de Castelao ou acceder a algúns estudos realizados arredor desta obra fundamental da cultura galega. Así mesmo, a aplicación tamén inclúe unha ligazón á tenda para poder mercar o libro desde onde nos atopemos.
Podedes descargar o ficheiro apk desde esta ligazón para instalar nos vosos dispositivos Android (mellor desde unha rede WiFi, porque son 108 MB). Por seguridade, para poder instalala debedes ter habilitadas as orixes descoñecidas no menú de seguridade dos vosos trebellos.
Boas:
Vexo que para instalar a APP hai que instalala manualmente, sabedes por qué ainda non a publicaron no Google Play?
Ola Daniel,
imaxinamos que será porque están agardando algunha verificación da tenda de aplicacións ou por non terse inscrito como desenvolvedores. En calquera caso, o ficheiro está probado e aloxada na “nosa” nube. É unha descarga segura.
Un saúdo